Detido un individuo con 100 doses de heroína e 80 de cocaína en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Pontevedra detiveron na mañá do pasado luns día 23 de outubro un home de 45 anos de idade, veciño no Porriño, por un delito de tráfico de drogas, cocaína e heroína.
Segundo informaron fontes oficiais da Policía Nacional, recentemente recibiran informacións no Grupo de Tráfico Medio de Estupefacientes, indicando que había un individuo que se desprazaba habitualmente a Pontevedra nun vehículo procedente da zona de Vigo ou os seus arredores e que podería estar relacionado coa ilícita actividade do tráfico de estupefacientes a pequena ou mediana escala.
Os investigadores facilitaron dita información a outros axentes policiais das dotacións uniformadas da comisaría, para que en caso de localizar o vehículo en cuestión, comprobasen a identidade do condutor.
Así, na mañá do pasado luns día 23 de outubro, unha dotación policial de Seguridade Cidadá da Comisaría de Pontevedra que circulaba pola estrada N-550 en dirección cara á parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, observou detido ao carón da estrada o citado vehículo polo que identificaron ao ocupante e comprobaron as súas pertenzas.
Os axentes policiais do Grupo de Tráfico Medio desprazáronse ao lugar para inspeccionar conxuntamente o vehículo, localizando ocultos e distribuídos en diferentes zonas varias bolsas de substancia estupefaciente un total de cen doses de heroína e unhas oitenta doses de cocaína.
Os axentes trasladaron o detido xunto coa substancia estupefaciente intervida á Comisaría Provincial de Pontevedra, onde se tramitou o correspondente atestado ao xulgado de instrución de garda de Cangas.
Relacionadas:
-
Un home de 36 anos, detido pola Policía Local por venda de cocaína
Por Redacción |
-
Interveñen quilo e medio de cocaína a un pontevedrés que a transportaba en coche a Málaga
Por Oskar Viéitez |
-
Detido un veciño de Poio por trapicheo de cocaína en Pontevedra
Por Redacción |
-
Deteñen unha parella de noivos, un deles menor de idade, adicados á venda de haxix
Por Oskar Viéitez |