Un cento de voluntarios para a 'operación mulching' de Ponte Caldelas
Por Redacción
Un cento de persoas xa se presentaron voluntarias para participar na 'operación mulching' prevista en Ponte Caldelas para o próximo sábado co fin de espallar palla e materia vexetal polas zonas queimadas nos incendios forestales da semana pasada.
Segundo a información facilitada polo Concello, na segunda xornada da campaña de captación de voluntarios xa se acadou esta cifra, pero aínda está aberta. As persoas interesadas en anotarse para participar na xornada de mulching ou para axudar no mercadiño solidario que vai acoller o pavillón de Ponte Caldelas durante todo o sábado poden seguir chamando este venres ao teléfono 986 767235 en horario de mañá.
O Concello indicou que este xoves terminou de transportar as 30 toneladas de palla ás zonas de actuación na zona norte do municipio. Este venres haberá outra comitiva de tractoristas voluntarios de Ponte Caldelas que se desprazarán ata Antas (A Lama) para recoller materia vexetal triturada doada por esta comunidade de montes.
En total, o Concello disporá de entre 40 e 50 toneladas de material vexetal para axudar a estabilizar e compactar as cinzas e mitigar os arrastres das choivas. Realizarase nas zonas dos montes de Ponte Caldelas máis próximas aos acuíferos e máis sensibles á erosión.
Entre o cento de persoas anotadas hai xente das catro provincias galegas. Mesmo se rexistraron chamadas dende Madrid, Sevilla e Teruel de persoas dispostas a desprazarse, pero informóuselles que, de momento, é un traballo de voluntariado dun só día e xa vai alcanzándose o tope previsto de 150 persoas.
O voluntariado estará repartido en cuadrillas de 15 persoas, á fronte das que haberá un coordinador técnico ben formado. Todo o operativo faise baixo a supervisión de enxeñeiros forestais que están en contacto co Centro de Investigacións de Lourizán.
Os voluntarios que participen terán un seguro que realizará a aseguradora Mapfre de xeito altruista.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas convoca novamente os voluntarios para rematar a "operación mulching" este sábado
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas homenaxea os "heroes da noite dos incendios"
Por Redacción |
-
As castañas chegan este ano a Ponte Caldelas máis solidarias ca nunca
Por Redacción |
-
Un exército de 200 voluntarios para reducir os efectos dos incendios en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas busca artistas interesados en colaborar nun festival solidario
Por Redacción |
-
A “operación mulching” chega a Ponte Caldelas con 30 toneladas de palla
Por Redacción |