Pizza Cantábrico con Bonito do Norte e Mexillóns de Conservas Pescamar
Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar . Nesta ocasión, imos cociñar unha pizza moi especial, a Pizza Cantábrico. E é que os seus ingredientes traen un sabor a mar de alta calidade: mexillóns, bonito do norte e anchoas.
Os Mexillóns Pescamar son un produto natural altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.
O Bonito do Norte Pescamar é un peixe azul rico en graxa saudable, xa que contén gran cantidade de ácidos graxos poliinsaturados, indicados para reducir os niveis de "colesterol malo". A esta calidade, hai que engadir os efectos beneficiosos para a saúde cardiovascular da súa presentación en aceite de oliva.
Para preparar unha deliciosa Pizza Cantábrico con Bonito do Norte e Mexillóns Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 base de masa de pizza grande
- 1 lata de Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar
- 1 lata de Mexillóns picantes en escabeche Pescamar
- 1 lata de Anchoas
- 400 g. de tomates
- 200 g. de gambas
- 1 cebola mediana
- perexil
- pementa negra
- aceite e sal
Preparación:
Precalentamos o forno a unha temperatura de 220ºC. Mentres tanto, frítense a cebola picada miúda e os tomates pelados ata que se evapore o líquido. Unha vez fritidos, déixanse arrefriar.
Escurrimos os Mexillóns picantes en escabeche Pescamar e cortamos en anacos o Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar e as anchoas.
A base de pizza colócase sobre a placa de forno untada con aceite, deixando un pouco máis elevado o bordo exterior da masa. Picamos varias veces cun garfo por encima e distribuímos o sofrito de cebola e tomate que tiñamos reservado, os Mexillóns picantes Pescamar, o Bonito do Norte Pescamar, as anchoas, e as gambas.
Esparexemos por riba unha cullerada de perexil picado, un chisco de pementa e sal, e asperxemos cun pouco de aceite.
Introducimos a pizza en forno medio e servimos cando estea no seu punto, moi quente.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.
Relacionadas:
-
'Dim sum' de Bonito do Norte Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Empanadillas de mexillóns en escabeche Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Consomé de mexillóns Pescamar con infusión de fiúncho e azafrán
Por Noticia patrocinada |
-
Croquetas de bonito do norte ao estilo Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Albóndegas de bonito do norte, ao estilo Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Canelóns recheos de Bonito do Norte ao estilo Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Pescamar entra na "Champions League" dos produtos mundiais de calidade superior
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Salteado de mexillóns Pescamar con aromas da horta
Por Noticia patrocinada |
-
Fabas con mexillóns gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Bonito do Norte Pescamar con cama de hortalizas e o toque da Casa de las 5 Puertas
Por Noticia patrocinada |
-
Empanadillas de bonito ao estilo gourmet de Conservas Pescamar
Por Noticia patrocinada |