Tres veciños de Campañó, investigados por ter cans en condicións "deplorables"
Por Redacción
A Garda Civil investiga tres veciños de Campañó, todos eles membros dunha mesma familia, como presuntos autores dun delito de malos tratos a animais domésticos. Tiñan unha vintena de cans, segundo o instituto armado, que se atopaban nunhas "deplorables" condicións hixiénicas e sanitarias.
Os axentes accederon á vivenda o pasado 29 de setembro e, tras retirarlles os animais e ser avaliados por un veterinario, decidiron tramitar unha denuncia pola vía penal pola situación na que se atopaban os animais.
Os cans, segundo explica a Garda Civil, estaban enfermos, sen apenas pelo, padecen sarna e algúns tiñan as patas con deformidades e torcidas por fracturas mal curadas.
En total, efectivos do Seprona retiráronlles 18 cans de diferentes tamaños, idades e razas. Ningún dos cans atopábase identificado debidamente.
Ante o mal estado dos animais, os propietarios decidiron cedelos voluntariamente á protectora, xa que teñen poucos recursos económicos e non poden facerse cargo do tratamento.
As dilixencias entregáronse nun xulgado de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Mocións en Bueu e Marín sobre a Lei de Benestar Animal
Por Redacción |
-
Sacrifican un cabalo que o seu dono tiña desnutrido e moribundo nun cortello de Barro
Por Redacción |
-
A canceira provincial atende unha media anual de 50 animais maltratados
Por Oskar Viéitez |
-
Rescatan unha egua con síntomas de malos tratos e desnutrición en Armenteira
Por Redacción |