A que dedicarán os concellos da comarca o plan de reequilibrio provincial?
Por Alejandro Espiño
Unha piscina municipal, obras de humanización ou unha escola de música. Son algúns dos proxectos singulares que executarán seis concellos da área de influencia de Pontevedra tras ser incluídos no plan de reequilibrio provincial da Deputación de Pontevedra.
En total, o goberno provincial investirá nestes proxectos case 2,6 millóns de euros dun importe total que se achega aos 3,3 millóns. O resto será cuberto polos respectivos concellos.
Así, o Concello de Barro construirá a nova piscina municipal en Outeiro, cun orzamento total de 358.000 euros, dos que a Deputación achega 286.000.
Este proxecto, no que o goberno municipal leva tempo traballando, viría a dotar ao concello dun novo equipamento deportivo e de ocio, do que carece actualmente. Executarase nunha parcela situada diante do instituto.
Caldas de Reis fará a edificación necesaria para a escola de música e a escola taller, un inmoble que permitirá tamén outros usos municipais. Ten un orzamento de 992.000 euros e a achega da Deputación situarase nos 794.000 euros.
Pola súa banda, Ponte Caldelas fará a humanización da Praza de España e do primeiro tramo da Avenida de Vigo cun presuposto total de 382.000 euros, dos que a Deputación pagará case 306.000 euros.
O Concello está xa a traballar no proxecto de execución desta obra que, segundo adiantan, vai cambiar a cara do seu centro urbano e, nas próximas semanas, presentará o deseño definitivo con vistas á licitación e execución inmediatas.
Campolameiro presentou a estas axudas a construción dun centro de estancia para a terceira idade. O seu custo será de 517.000 euros e a Deputación asume 367.000 euros.
Supoñerá a construción dun centro de xestión municipal destinado á posta en marcha de actividades para o envellecemento activo. Está previsto que o centro se constrúa no centro urbano do concello, na contorna de San Miguel.
O proxecto aprobado para Moraña é a rehabilitación e ampliación do antigo mercado municipal, que será destinado a edificio socio-cultural multiusos cun presuposto total de 889.000 euros, dos que a Deputación aportará 711.000 euros.
En concreto, as obras consisten na rehabilitación da cuberta do antigo mercado e tamén da súa estrutura, que data da década dos anos 50 e que actualmente se atopaba sen uso.
Finalmente, Vilaboa afrontará a segunda fase da remodelación do club de piragüismo cun presuposto de case 153.000 euros, dos que a Deputación aportará 122.000 euros.
Relacionadas:
-
Barro adxudica o proxecto para a piscina municipal
Por Redacción |
-
O antigo mercado municipal de Moraña será reconvertido nun centro sociocultural
Por Redacción |
-
A Deputación asina convenios con 21 dos 25 concellos beneficiarios do plan de reequilibrio
Por Oskar Viéitez |
-
As palmeiras da Praza de España, afectadas polo picudo vermello
Por Redacción |
-
A Deputación asinará a finais de ano os convenios cos 25 concellos beneficiarios do Plan de Reequilibrio
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os investimentos da Deputación nos concellos, no centro do debate político
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PP denuncia o reparto "a medida" do plan de reequilibrio da Deputación e pide a súa paralización
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A Deputación supervisa en Moraña o acondicionamento da senda peonil na PO-226
Por Redacción |
-
O Grove logra da Deputación 1,5 millóns de euros para o auditorio
Por Redacción |
-
A piscina de Bueu será financiada entre o Concello e a Deputación
Por Redacción |
-
O goberno provincial levará ao pleno unha modificación de crédito de 12,8 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |