A secretaria da Cámara, Charo Lorenzo, declara como imputada ante o xuíz
Por Redacción
A secretaria da Cámara de Comercio de Pontevedra, Charo Lorenzo, vai declarar o martes como imputada no xulgado de instrucción número 1 de Pontevedra situado no edificio da Parda con motivo da querela interposta en xullo pola fiscalía por un presunto delito de negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios.
O fiscal especializado en delitos económicos, Augusto Santaló, decidirá segundo esta declaración se amplía a denuncia a terceiras persoas.
Segundo o escrito do Ministerio Fiscal, o pleno da Cámara aprobou o 11 de abril de 2002 a sinatura dun convenio coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta coa finalidade de crear unha oficina de representación en Florianópolis en Brasil. O representante sería Juan José María Lago, quen xa traballara na entidade cameral como bolseiro. Segundo a investigación, para a adxudicación dos contratos con esta entidade non se seguíu ningún procedemento administrativo sometido aos principios de publicidade, concurrencia e obxectividade. Segundo o fiscal, non consta que a secretaria xeral tivese advertido das irregularidades cometidas.
Charo Lorenzo ocupa o cargo na institución cameral dende novembro de 1998 e a entidade xa manifestou que quere seguir traballando con normalidade ao marxe do caso aberto.
Relacionadas:
-
O primeiro xuízo penal contra a secretaria da Cámara de Comercio, o 13 de xuño
Por Natalia Puga |
-
Desbloquean o proceso xudicial por presuntos cobros irregulares contra a secretaria da Cámara
Por Natalia Puga |
-
O Consello de Contas detecta irregularidades da Cámara de Comercio na xestión de Pomovil e Ferpalia
Por Natalia Puga |
-
Charo Lorenzo declarou coma imputada ante a xuíza
Por Oskar Viéitez |