Os alumnos de Restauración demandan espidos a súa adscrición á Universidade
Por Oskar Viéitez
Os alumnos de Restauración protagonizaron este mércores un singular acto de protesta para demandar a súa adscripción á Universidade de Vigo para ter os mesmos dereitos que o resto do alumnado, e logo poder ser titulados universitarios cunha titulación homologable en Europa. No transcurso da protesta leron un manifesto co título "Sen grao estamos espidos" e sen máis roupa que unha bata de traballo presentáronse en público.
No manifesto sinalaron que levan anos loitando polos seus dereitos que están a ser "pisoteados e ignorados" e lembran que precisan ter un título real como teñen noutras partes do Estado xa que "non nos chega cunha simple equivalencia".
"A nosa escola cumpre todos os requisitos para a adscripción á universidade, e todos os alumnos soñamos co día no que esa adscripción chegue", por iso se preguntan "Por que non somos universidade se temos todas as condicions para selo?".
Lamentan que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia "non quere recibirnos, négase a falar con nós" e rexeita unhas demandas que teñen apoios da comunidade escolar, dos sindicatos, dos partidos políticos, do reitor, entre outros.
Relacionadas:
-
Concello e Escola de Restauración traballarán man a man a prol da visibilización do centro
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Amosan a alumnos de Restauración os restos achados na escavación de Arcebispo Malvar
Por Redacción |
-
Protesta en Restauración para rexeitar os "enchufismos" na selección de profesorado
Por Anxo Lourido |
-
Alumnos da Escola de Restauración insisten en pedir a súa integración na universidade
Por Redacción |