O guionista pontevedrés Óscar Cruz estrea o seu primeiro programa de La transición, que se poderá escoitar en directo o primeiro domingo de cada mes.
Para esta primeira ocasión en PontevedraViva Radio, Óscar explica que é este "laboratorio". Proclama o manifesto millennial con todas as súas consecuencias e declara Pontevedra: capital do millennial.
Cruz non está só nestes estudos. Charla co "millennial precario"Jorge Boquete. Aclara con Javier López a diferenza entre traballar e rebuldar. A retranca, o humor, a agudeza, o chiste, a ironía, a socarronería non poden faltar en La transición, así que en cada programa haberá un cómico de oficio. Para inaugurar sección, Pedro Brandariz. Tampouco pode faltar un invitado, millennial "of course"; esta vez Doc Eleka Fam.
E como broche, por se hai obxeccións que facer... xa se achegan por iniciativa propia "Os críticos".