Na busca dos próximos gañadores dos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción
Un ano máis, Pontevedra busca persoas físicas e xurídicas que merezan seren recoñecidos pola súa vinculación coa Boa Vila ou por un traballo que teña unha especial proxección cara a cidade e os seus habitantes. Serán os próximos gañadores dos premios Cidade de Pontevedra.
A partir deste martes 5 de decembro ábrese o prazo para a presentación de candidaturas. As propostas, que deben ir acompañadas dunha memoria xustificativa que explique os méritos do designado. Poderanse presentar ata o 5 de xaneiro.
Os Cidade de Pontevedra volverán a premiar dúas modalidades: persoa física e persoa xurídica. O xurado valorará o labor desenvolvido polos candidatos, sobre todo, no último ano,
Os galardóns serán entregados nun pleno extraordinario de honra que se desenvolverá o 20 de xaneiro, día de San Sebastián, patrón da cidade de Pontevedra.
Os últimos gañadores dos Cidade de Pontevedra foron a activista social Ángela Paz e o Colegio de Avogados de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Quedan tres días para presentar candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pablo Dapena e Víctor Pedreira, primeiros candidatos aos premios Cidade de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Colexio de Avogados e Ángela Paz García reciben os máis comprometidos premios Cidade de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
RADIO.- Escoita un Cara a cara de premio
Por Marisa Ciordia |
-
Ángela Paz e o Colexio de Avogados, premios Cidade de Pontevedra 2016
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |