Nova oportunidade para cultivar nas hortas urbanas do Sequelo
Por Redacción
Dende o 18 de decembro ao 5 de xaneiro, e en horario de 09:00 a 14:00 horas, o Concello de Marín, abre o prazo de inscripción nas hortas urbanas para os anos 2018-2019.
A concelleira de medio ambiente, Marián Sanmartín, comunica o novo prazo de autorizacións válidas por dous anos, unha aposta desde o primeiro momento en que se puxeron en funcionamento e que teñen unha moi boa acollida entre os solicitantes e usuarios.
A distribución será:
- 40 hortas para persoas xubiladas ou pensionistas.
- 15 para persoas en paro sen prestación por desemprego.
- 12 para veciñanza en xeral
- 4 para persoas con discapacidade (maior ou igual a 33%) ou que amosen intolerancias químicas.
No caso de que o número de solicitudes exceda o número de hortas (71), para as solicitudes que teñan o mesmo enderezo de empadronamento, só se admitirá unha. Para cada grupo farase un sorteo. Se se desfrutou dunha horta urbana o ano anterior, adxudicaráselle a mesma horta, no caso de que o solicite. Se algún dos grupos non se completara, sortearanse as vacantes entre as persoas non adxudicatarias do resto dos grupos.
O sorteo das parcelas será o 12 de xaneiro, ás 12:00 horas no salón de plenos.
A lista definitiva da adxudicación das parcelas será exposta o día 15 de xaneiro nas dependencias do Concello de Marín. A adxudicación das parcelas será para os anos 2018-2019 e será totalmente gratuíta.
Relacionadas:
-
Dezaoito hortas urbanas de Sequelo quedan sen adxudicar por falta de solicitudes
Por Redacción |
-
Marín amplía ata o 20 de xaneiro o prazo para optar a unha horta urbana
Por Redacción |
-
As 71 hortas urbanas de Marín, por sorteo
Por Redacción |
-
O CEP Sequelo dispoñerá dun horto escolar para este próximo curso
Por Redacción |
-
Adxudicadas as hortas urbanas do Sequelo
Por Redacción |