O PP denuncia os atrasos no inicio das obras de peonalización de Benito Corbal
Por Redacción
O concelleiro do Partido Popular, César Abal, denunciou en rolda de prensa que dende o goberno local non se está a dicir a verdade aos comerciantes de Benito Corbal. Segundo expuxo as obras de peatonalización desta rúa non se van acometer antes deste verán como veu anunciando o concelleiro de Obras, Luis Bará.
Abal indicou que a obra cunha contía de 60.000 euros pasou modificouse para mellorar a calidade de materiais ata alcanzar os 170.000 euros. Non obstante, o concelleiro do PP denuncia que dende o departamento de Contabilidade e presupostación se rexeitou ese expediente ao "non" existir consignación presupostaria abondo nas contas deste ano".
Dende as filas populares critican que a falta de aprobación do presuposto deste ano provoque este tipo de problemas e que haberá que aprobar en pleno unha modificación de crédito. Non obstante, César Abal indicou que ao goberno local non lle dará tempo a presentalo ata o mes de maio polo que as obras continuarán demorándose e engadiu: "Por no tener un nuevo presupuesto aprobado el gobierno no puede ejecutar esta obra. Aunque el alcalde o concelleiros como Raimundo González sostienen con reiteración que la falta de presupuesto municipal no genera contratiempo ninguno para la gestión del Concello, la realidad es que la maquinaria burocrática se ve frenada y complica sobremanera la gestión diaria".
"Los comerciantes viven en la incertidumbre. No saben cómo adecuar sus comercios para una obra de este calibre que va a durar dos o tres meses", indicou César Abal que sinala que Bará prometera que os traballos comezarían tras as festas do Nadal.
MOSQUERA, SORPRENDIDO
O concelleiro César Mosquera respondeu no Concello afirmando que lle parece "algo sorprendente. Isto de que haxa un informe nun expediente sucede habitualmente nas xestións ordinarias". Indicou que a obra está parada pola reclamación dos comerciantes de Cruz Gallastegui para peonalizar esa rúa. Algo que, dixo, "coñeciamos dende hai tempo". Segundo o concelleiro "o ano en que máis investimentos se fixo neste Concello foi un onde non houbo orzamento".