O Concello comezará a peonalización de Benito Corbal na primavera
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra agarda comezar a peonalización de Benito Corbal na primavera. Así o comentou o concelleiro de Obras, Luis Bará, "en próximas datas concluiráse a tramitación para poder contratala".
Puido ser antes, pero a emerxencia doutras reformas fixo que fose prioritario correxir outras deficiencias "porque realmente había risco, en moitos casos de caidas, e houbo accidentes". "Se as cousas van como temos previsto debían comezar na primavera, esperamos cumplir ese prazo", confirma Bará.
A de Benito Corbal non é unha obra técnicamente complexa ainda que no proxecto inicial houbo que ampliar o ámbito de actuación a outras rúas como Cruz Gallástegui, Castelao, Daniel de la Sota e Sagasta "porque requería facer uns cambios na corrección dos xiros, tamén na sinalización, taxis, autobuses e recollida do lixo", explicou.
Mentras, as obras de emerxencia están na súa recta final cos traballos da rúa Peregrina e os da rúa Martitegui, fronte o colexio Froebel, onde se están a cambiar os lastros deteriorados polo paso de vehículos. Tamén se acometerá algunha obra na rúa Alfonso XIII e na rúa da Barca.
"E con isto cumprimos un prazo de aproximadamente dous meses que duraron estas obras, que se estenderon máis do previsto porque tivemos que facer una ampliación de contrato porque apareceron outras deficiencias como consecuencia do mal tempo", sinala o concelleiro responsable de obras, Luis Bará.
Tamén están moi avanzados os traballos na ponte dos Tirantes, "un auténtico punto negro" na seguridade viaria pontevedresa. "Esperemos que desta maneira se resolvan os problemas máis graves", dixo o concelleiro, que recorda que está en vigor un novo contrato de mantemento de vías urbanas. Na lista de traballos pendentes Bará apunta as rúas Eduardo Pondal e Castelao.
Relacionadas:
-
A peonalización de Benito Corbal estenderase a Sagasta, Castelao, Daniel de la Sota e Cruz Gallástegui
Por Alejandro Espiño |
-
O PP denuncia os atrasos no inicio das obras de peonalización de Benito Corbal
Por Redacción |
-
Corte de tráfico na rúa Joaquín Costa
Por Redacción |
-
Rematan as obras na avenida Raíña Vitoria e na ponte dos Xulgados
Por Redacción |