O PSOE pontevedrés programa para xaneiro a renovación das agrupacións locais
Por Oskar Viéitez
O secretario provincial do PSOE pontevedrés, David Regades, informou das primeiras decisións adoptadas este venres pola nova executiva socialista nomeada a pasada fin de semana e que a partir de agora reunirase dúas veces ao mes, unha na sede da cidade do Lérez e outra de maneira itinerante en cada unha das comarcas.
"Nuestro compromiso era poner en marcha la maquinaria lo antes posible y lo estamos haciendo", sinalou Regades.
O novo órgano de dirección fixou o calendario de asembleas para a renovación das agrupacións locais. O prazo abrirase o día 8 e concluirá o 22 de xaneiro, comentou Regades.
Tamén se propuxo a creación de equipos sectoriais abertos a toda a militancia, que abarcan áreas como a educación, o medio ambiente, participación cidadá e diversidade, a sanidade, sociedade da información, emprendedores economía social e traballadores autónomos, innovación turística e territorio, infraestruturas e mobilidade.
Finalmente, a executiva provincial tamén acordou, entre outras medidas, dirixirse á Xunta para reclamar a suspensión de peches de centros de saúde no rural, o financiamento das escolas infantís e a mellora da política forestal.
Relacionadas:
-
"Aire fresco" no PSdeG pontevedrés para "dar a batalla" ao PP nas municipais
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Carmela Silva anima o PSOE a traballar en "un proxecto alternativo á dereita cavernícola"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
David Regades, novo líder do PSOE na provincia de Pontevedra
Por Diego Torrado & Natalia Puga | Creada e actualizada