O PSOE cuestiona o plan de compostaxe para Monte Porreiro
Por Redacción
Para os socialistas, o proxecto pensado para despregar o sistema da compostaxe en Monte Porreiro está "mal deseñado" e non se axusta as características do barrio. De aí que o seu voceiro, Agustín Fernández, vaia a interpelar ao alcalde no próximo pleno sobre a "tensión" que obrigou ao Concello a paralizar o plan.
"Queremos que o alcalde dea explicacións acerca das consecuencias que vai a ter na implantación do modelo de recollida de residuos sólidos urbanos e as medidas que se están a tomar para rebaixar unha tensión que vai en aumento", indicou Fernández.
A pretensión de instalar composteiros comunitarios no barrio, recordan os socialistas, foi "duramente contestada" por gran parte da veciñanza e se recolleron máis de 1.500 sinaturas en contra do proxecto tal e como está deseñado.
O PSOE afirma estar "preocupado" pola situación e considera necesario "atallala con plantexamentos sensatos e con un proxecto claro". O voceiro socialista entende que a compostaxe só funcionará se os veciños se implican pero "se se lles pretende impoñer un modelo sen consultar e sen consensuar, pasan estas cousas".
Os socialistas veñen denunciando a falta dunha "folla de ruta clara" no tema do compostaxe. "Non hai plan de viabilidade, nin estudo económico financeiro, nin proxecto de implantación. Non sabemos que se vai a facer co compost, nin o custe da planta da Canicouva. Todo son interrogantes. E cando as cousas fanse dende a improvisación, adoitan acabar mal", engaden.
Agustín Fernández, nesta materia, esixe maior transparencia e información, máis dialogo e consenso cos veciños e un proxecto ben deseñado. "Se o goberno non rectifica acabará por converter en un fracaso o que é unha boa idea", finalizou.
Relacionadas:
-
O PSOE denuncia que o compost elaborado en Monte Porreiro permanece apilado en bolsas
Por Redacción |
-
O PP critica que Pontevedra estea a "tirar cos cartos" en alugar terreos sen uso na Canicouva
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O compost é un ingrediente máis na cociña do Carlos Oroza
Por Noticia patrocinada |
-
Profesores de Monte Porreiro recollen sinaturas en defensa da compostaxe
Por Redacción |