As emocións non envellecen, así que por que ocultar ou deixar de falar con naturalidade sobre o sexo despois dos 50 anos?. É a cuestión que para este programa de PontevedraViva Radio expón María González.
Bioloxicamente, hai un ciclo hormonal que repercute tanto en homes como mulleres; pero que "non fai desaparecer o desexo sexual". De feito mantense en "unha porcentaxe maior do que se cre", comenta a formadora en benestar de Dale la vuelta.
Outro factor que tamén incide nesta cuestión é o progresivo cambio de pensamento: "non só che has de namorar unha vez na vida, ou ter unha única relación". En resumo: "renunciar ao sexo por cuestión de idade non é beneficioso".
María González fai referencia a testemuños recolleitos no ámbito asistencial: "onde se atopan casos que prefiren evitar tomar determinada medicación que pode afectar á súa vida sexual"; ao ámbito farmacolóxico que conta coa demandada Viagra para a poboación masculina, non así por agora para a feminina "aínda que seguro que se se lograse un fármaco para a líbido feminina tería un gran nicho de mercado".
E engade recomendacións bibliográficas e do cinema que recollen esta temática.