A visibilización do papel da muller no deporte centrará os actos do 8 de marzo en Marín
Por Redacción
O próximo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, todos os actos conmemorativos organizados en Marín terán como eixo principal a visibilización do papel da muller no deporte.
Así se acordou este martes durante a reunión ordinaria do Consello Municipal da Muller, que convocou a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, e contou coa participación de vogais de cada un dos partidos políticos con representación no Concello, do sindicato CIG, persoal técnico do CIM e Servizos Sociais e diferentes asociacións veciñais e de mulleres.
O Consello da Muller acordou que a programación deste ano 2018 incluirá unha exposición pública sobre a muller no deporte ao longo da historia e traballarase cos centros educativos e a poboación en xeral a importancia da non discriminación por razón de xénero neste eido.
Ademais, acordouse que o manifesto institucional deste ano polo 8 de marzo incluirá datos da realidade laboral das mulleres de Marín e temas de importancia sobre a continuidade da brecha salarial, o teito de cristal, os estereotipos que se trasladan ao mundo laboral sobre as mulleres, o acoso laboral e a situación da muller no ámbito deportivo.
A reunión también avanzou no III Plan Estratéxico de Igualdade entre mulleres e homes do Concello de Marín e acordouse que se creará unha guía básica de recomendacións para a abordaxe da violencia machista no ámbito veciñal a modo de protocolo de actuación.
O consello tamén abordou unha iniciativa de carácter sexista e discriminatorio para a muller dun establecemento de Marín, da que se tiña coñecemento a través de queixas de persoas particulares. O Consello Municipal da Muller e o Concello acordaron que calquera publicidade que transmita imaxes ou contidos sexistas ou estereotipados sobre as mulleres será rexeitada rotundamente.
Relacionadas:
-
Chamada de atención para que Pontevedra se una á folga de mulleres
Por Redacción |
-
Os socialistas demandan ao goberno municipal medidas para garantir a igualdade salarial entre mulleres e homes
Por Redacción |
-
Nova convocatoria das axudas da Xunta para a promoción da igualdade
Por Redacción |
-
O Consello da Muller busca un enfoque máis efectivo para a igualdade de xénero
Por Redacción |
-
As asociacións que pertencen ao Consello Municipal da Muller organizan unha Merenda en Igualdade
Por Redacción |