Xuízo a un pontevedrés que se foi a Punta Cana co seu fillo menor e trouxo un quilo de coca
Por Oskar Viéitez
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou para este martes 23 de abril o xuízo contra Julio Manuel G.C. veciño de Marín nacido en Pontevedra de 37 anos que se foi a Punta Cana co seu fillo menor e trouxo un quilo de coca. A vista xa fora para el jueves 4 de abril, pero tuvo que suspenderse por problemas con las defensas de los cuatro acusados.
A viaxe planeouna con outros tres presuntos traficantes: Eugenio G.F., de 39 anos, veciño de Marín e con numerosos antecedentes penais; Juan Manuel C.P., veciño de Pontevedra de 37 anos; e Daniel J.L., de 45 anos e natural de Tamayo (República Dominicana).
Segundo o escrito de acusación da fiscalía no mes de decembro do ano 2011, os imputados Eugenio e Juan Manuel concertáronse coa finalidade de traer unha determinada cantidade de cocaína desde un país sudamericano ata España, coa intención de proceder posteriormente á súa venda repartindo entre eles a partes iguais o beneficio.
Para conseguir a droga puxéronse de acordo co tamén imputado Daniel que lles proporcionou o contacto co vendedor da droga no seu país de orixe, República Dominicana, mentres que o cuarto imputado Julio Manuel encargaríase de trasportala desde o país dominicano ata España. Para asegurar o éxito do plan, este último decidiu realizar a viaxe a Punta Cana acompañado do seu fillo de once anos.
A Fiscalía pide para cada acusado cinco anos e tres meses de prisión
Logo de adquirir a droga na República Dominicana, Julio Manuel regresou a España xunto co seu fillo menor, tomando terra no aeroporto de Madrid-Barajas o día 28 de decembro de 2011. Ao ser sometido ao control policial no mesmo aeroporto os axentes puideron comprobar que o imputado levaba 96 bolas de cocaína (1.156 gramos) no interior do seu organismo grazas a unha placa radiológica, podendo atoparlle, igualmente, cinco bolas de cocaína na súa roupa interior.
Segundo a Fiscalía estes feitos son constitutivos dun delito contra a saúde pública en relación con sustancias que causan grave dano á saúde polo que pide para cada un dos inculpados cinco anos e tres meses de prisión e multa de cen mil euros.