Sito Miñanco lideraba unha das estruturas narco-criminais máis potentes a nivel mundial
Por Redacción
O cambadés José Ramón Prado Bugallo, máis coñecido como Sito Miñanco, volvía esta semana a acaparar titulares e a ingresar en prisión pola súa actividade relacionada co narcotráfico. O seu regreso foi ao grande, pois a Policía Nacional acaba de desvelar que a organización que lideraba e que dan por desmantelada era unha das estruturas narco-criminais máis potentes a nivel mundial.
A operación, bautizada como Mito, foi resultado de máis de vinte meses dunha investigación que se iniciou tras detectar a presenza en Marbella de Sito Miñanco xunto a outros membros da súa organización. Tras varias xestións iniciais púidose determinar que se achaba presuntamente inmerso en actividades relacionadas co tráfico de drogas, aínda que actualmente estaba asentado en Alxeciras.
Esta organización agora desmantelada mantiña a súa principal infraestrutura en Pontevedra, aínda que actualmente desenvolvía a maior parte da súa actividade delituosa no sur da península, e a Policía Nacional non ten ningunha dúbida de que a dirixía Sito Miñanco, considerado como o maior narcotraficante de Europa.
Sito Miñanco estaba actuamente cumprindo unha condena de 16 e 10 meses no Centro de Inserción social de Botafuegos, en réxime de semiliberdade, pois só acudía a pernoitar ao centro. Nesta nova etapa da súa vida e da súa carreira criminal asociouse a organizacións criminais búlgaras, turcas e holandesas. Ademais posuía unha extensa rede de colaboradores españois da súa máxima confianza que conformaban a organización dedicada ao tráfico de drogas máis poderosa de Europa.
Na investigación constatouse as continuas medidas de seguridade adoptadas polos integrantes da organización. Usaban terminais encriptados para comunicarse e mesmo se desprazaban por toda a xeografía española para entrevistarse persoalmente co principal detido e seguir as súas ordes de maneira directa. Con todo iso evitaban ser detectados polos investigadores e dificultar e eludir a acción policial e xudicial.
A operación permtió descubrir que en Pontevedra persoas de confianza do capo eran os encargados da coordinación, loxística e transporte. En Madrid estaba asentada outra parte da organización que estaba composta por cidadáns españois e colombianos yse encargaban do transporte de diñeiro en metálico ou de substancias estupefacientes mediante o uso de vehículos con compartimento oculto ' caleta' e da recepción do diñeiro da organización procedente do tráfico de drogas para o seu envío a Colombia por outras persoas ('mulas').
Este operativo pechou coa detención de 43 persoas, a incautación de case cinco toneladas de estupefacientes e o comiso de bens e inmobles por valor de 15 millóns de euros. Ademais, bloqueáronse 171 inmobles, cinco barcos e 139 contas bancarias e outros produtos financeiros.
Os investigadores atribúenlle a este organización criminal varias incautacións de drogas. A máis destacada produciuse en xaneiro de 2017, cando se interceptou un barco mercante en alta mar con 3.800 quilogramos de cocaína. Poucos meses despois, outros 616 quilos da mesma substancia eran intervidos nun colector na cidade holandesa da Haia.
Tras coñecer a interceptación do referido mercante cos 3800 quilogramos de droga e para evitar ser descuberto, Sito Miñanco ordenou o afundimento das planadoras que se atopaban esperando para realizar o transvasamento da mercadoría en alta mar e cuxo valor ascende a varios millóns de euros.
Unha das partes fundamentais na infraestrutura da organización eran uns estaleiros galegos dedicados á construción e venda a terceiros de embarcacións totalmente lícitas. A mercantil utilizaba esa actividade legal para ter acceso ao porto e permitir a entrada das substancias estupefacientes. Ademais, o capo galego controlaba varios negocios que lle permitían introducir no circuíto legal o diñeiro procedente do tráfico de drogas, e utilizaba sociedades para a elaboración de contratos e facturas ad hoc. Así xustificaban documentalmente a entrada de diñeiro de procedencia dubidosa.
Ademais destes negocios, a organización dispoñía dunha estrutura societaria instrumental para titular inmobles que serían adquiridos co diñeiro procedente do tráfico de estupefacientes. Do mesmo xeito a organización empregaba outros sistemas de branqueo de capitais cuxos indicios foran detectados ao longo da investigación, tales como o movemento de diñeiro en efectivo mediante correos humanos ou mulas, uso de locutorios para envío de diñeiro procedente do narcotráfico, e a compravenda de inmobles con diñeiro ilícito.
A VIDA DO CAPO
Sito Miñanco iniciou a súa carreira delituosa como contrabandista nos inicios dos anos 80 e posteriormente como traficante de drogas, sendo detido anteriormente en dúas grandes operacións contra o tráfico de drogas nos anos 1991 e 2001. Foi un dos implicados na Operación Nécora, aínda que logrou escapar ata que foi arrestado noutra operación en 1991 polo que cumpriu sete anos de prisión. En 1998 saíu do cárcere en liberdade provisional ata que foi detido novamente pola Brigada Central de Estupefacientes en agosto de 2001 por tentar introducir 3700 quilos de cocaína nun barco. Estivo en prisión entre 2001 a 2015.
Relacionadas:
-
Un xuízo baixo a sombra de dúas folgas: unha xudicial e outra de fame
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O avogado de Sito Miñanco acusa o tribunal da Audiencia de non ser "imparcial" e o fiscal de "machismo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Sito Miñanco, en folga de fame na prisión da Lama
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Sito Miñanco, ante a Audiencia: enfróntase a seis anos de cárcere por blanqueo
Por Redacción |
-
Sito Miñanco e a súa filla, detidos nunha operación contra o narcotráfico
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Sito Miñanco enfróntase a seis anos de cárcere por blanquear diñeiro do narcotráfico xunto á súa familia
Por Natalia Puga |
-
Sen perdón para Sito Miñanco polo "genocidio" da xeración perdida
Por Marisa Ciordia & Natalia Puga |