O persoal de Xustiza en folga prepara un novo acto de protesta: o velorio de 'Ruedachol'
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Levan desde o 7 de febreiro en folga indefinida e o seguimento continúa sendo masivo. As cifras en Pontevedra alcanzaban este xoves un 91% mentres que, en localidades máis pequenas como Marín, os sindicatos sinalan que o apoio se mantén nun 100%, nos que inclúen os traballadores que asumen os servizos mínimos, que non foron consensuados. A media do que economicamente repercute a cada traballador, segundo o comité de folga, ascende a 90 euros.
Se durante este xoves, traballadores dos Xulgados da Parda protagonizaron unha manifestación polo centro de Pontevedra, pasando pola Audiencia e finalizando ante a delegación da Xunta de Galicia en Campolongo, este venres está previsto que realicen un velorio pola contorna da Parda en honra carnavalesca a 'Ruedachol', en clara referencia ao vicepresidente do goberno autonómico, Alfonso Rueda. Con candeas e vestidos de loito, o persoal da administración de Xustiza chorará a perda de dereitos laborais e salariais.
Os representantes sindicais a través do portavoz do comité de folga Enrique Araújo manifestaba que os dirixentes da Xunta non están a dicir a verdade sobre as ofertas económicas que se lles ofrecen nas negociacións. Indican que o que reclaman é a equiparación salarial con outras comunidades e que continuarán aguantando ata lograr ese obxectivo.
Durante este xoves quedaban suspendidas 60 vistas nos Xulgados de Pontevedra e no Rexistro Civil só se realizaban inscricións de nacementos, defuncións e de enterramentos, pero non se emiten certificacións. Insisten, ademais, en que desde a Xunta estáselles faltando ao respecto porque se lles convoca a reunións para negociar a través dos medios de comunicación e que continúan sen saber cando se poderán sentar para manter un novo encontro. Os avogados recoñecen que están a detectar, desde o inicio da folga, un descenso de certificacións xudiciais, e lles está a afectar no seu labor diario. "Se habitualmente recibía arredor de 15 diarias, agora só recibo unha ou dúas", afirma un letrado
Relacionadas:
-
Os traballadores da xustiza cumpren cinco semanas en folga en medio de mobilizacións
Por Natalia Puga |
-
Concentración do persoal de xustiza á espera de que a negociación chegue a bo final
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O persoal de xustiza en folga vai concentrarse ante a Audiencia durante o xuízo a Sito Miñanco
Por Redacción |
-
Os funcionarios de xustiza pedirán un adianto da nómina como medida de protesta
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Os xulgados da Parda acollen un reivindicativo enterro do "bicho da Xustiza"
Por Anxo Lourido |
-
A Xunta alerta o persoal de Xustiza en folga que a súa oferta económica non vai mellorar
Por Redacción |
-
O comité de folga do traballadores da xustiza empraza a Feijóo e a Rueda a retomar as negociacións
Por Oskar Viéitez |
-
Os sindicatos de xustiza sitúan o seguimento da folga nun 95%, a Xunta rebáixao á metade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada