Os partidos da oposición en Marín apoian os actos reivindicativos do 8 de marzo
Por Oskar Viéitez
Nun comunicado conxunto os partidos políticos da oposición no Concello de Marín (Partido Socialista, BNG e Marea Veciñal) expresaron o seu apoio aos actos reivindicativos do 8 de marzo.
Entre outros, o vindeiro venres 2 de marzo, ás 20:30 horas, a Plataforma Feminista Galega vai celebrar na biblioteca municipal unha charla informativa. E convocáronse unha manifestación o 8 de marzo con saída do Concello ás 20:30 horas, así como a folga convocada para ese mesmo día.
"Os grupos políticos de esquerda de Marín manifestamos o noso máis profundo apoio a este acto e convidamos a todas as mulleres a que participen nel", reza o escrito difundido.
"As mulleres feministas e de esquerdas revelámonos contra a vergoñosa postura do Partido Popular respecto ás accións feministas que se están desenvolvendo en todo o país e con máis ímpeto revelámonos contra actitude do Partido Popular de Marín que parece estar cego, xordo e mudo respecto desta problemática".