San Brais e Eduardo Pondal estrean esta semana os composteiros comunitarios
Por Alejandro Espiño
Dous barrios da cidade incorpóranse de xeito formal ao plan de compostaxe municipal. A partir de este luns entra en funcionamento o composteiro comunitario de San Brais e o mércores fará o mesmo o que dará servizo a Eduardo Pondal.
Os mestres composteiros estarán os dous días, de 17.00 a 19.30 horas, en ambos barrios para informar e guiar aos veciños no correcta selección de residuos a compostar e solucionar as dúbidas que teñan ao respecto deste sistema.
O módulo de San Brais, recordou a concelleira Carme da Silva, dará servizo a uns 220 habitantes, que xeran algo máis de 83 toneladas de lixo ao ano do que arredor de 42 son biorresiduos (sumando os orgánicos domésticos e os restos vexetais).
Ademais do comunitario, instalado entre as rúas da Corva e Santa Lucía, no barrio distribuiranse composteiros individuais e se está avaliando, por unha banda, a petición formulada por varias familias de pequenos composteiros individuais para darlle saída á herba e ao céspede do xardín e, por outra, a solución para os tres grandes produtores do barrio.
No caso de Eduardo Pondal, o composteiro comunitario está no cruzamento coa rúa Teixoeira. Alí, existe un compromiso asinado de uso con 44 familias da zona que foron os que solicitaron esta instalación. Tamén se están a estudar novas peticións en distintos puntos do barrio.
A este respecto, Da Silva pediu ao Partido Popular que deixe de "boicotear" o despregamento destes composteiros comunitarios, xa que segundo a concelleira "están intentando recoller firmas en contra" polo barrio de Eduardo Pondal.
"Se están en contra da compostaxe que o digan claramente", engadiu.
Relacionadas:
-
O goberno local considera que Moreira acabou "metendo nun lío" á Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
Instalarán "o máis rápido posible" dous ou tres centros de compostaxe máis en Eduardo Pondal
Por Alejandro Espiño |
-
Eduardo Pondal inaugura a súa central de compostaxe
Por Alejandra Iannone |
-
Comeza a instalación do composteiro demandado por veciños de Eduardo Pondal
Por Redacción |
-
San Brais, primeiro barrio que implantará a compostaxe de forma integral
Por Alejandro Espiño |
-
O Mercantil súmase á compostaxe
Por Alejandro Espiño |
-
O de Pontevedra será o primeiro campus de España que compostará todos os seus biorresiduos
Por Redacción |