Ponte Caldelas "ata lazos" e brinda pola igualdade
"Na xornada do 8 de marzo non debe haber cores políticas nin partidismos", declarou o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, durante a celebración do acto titulado 'Atando lazos', que se celebraba este xoves con motivo do Día da Muller.
O evento encheu a Casa da Cultura de numerosas persoas que se achegaron para celebrar e brindar pola igualdade das mulleres.
O evento, organizado polo Concello, incluiu a actuación do cantautor Manoele de Felisa, que interpretou pezas do seu repertorio e tamén clásicos do cancioneiro galego. Tamén se leu un manifesto institucional, con frases como "Feminismo é o mesmo que igualdade e, polo tanto, non é unha opción, senón unha cuestión ética".
Tras a lectura realizouse un brinde que a concelleira Pilar Couto dedicou ás "mulleres bravas" e "a todos os homes que ven ás mulleres como iguais".
Posteriormente, varios lazos violetas con mensaxes foron atados e colgados polos asistentes nun photocall. Tamén foi inaugurada a exposición 'Con mans de muller', que foi cedida pola Federación Galega de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur).
A súa presidenta, Rosa Arcos, quixo estar presente nun acto ao que acudiron representantes do PSdeG-PSOE, AVP, BNG e a oposición, representada por membros do PP.
Relacionadas:
-
Mulleres en Acción pola igualdade na comarca do Verdugo-Oitavén
Por Redacción |
-
RADIO.- Cara a cara: Especial 8M coas #MulleresQueOpinan
Por Noelia Torres Pintos |
-
E Pontevedra volveu saír á rúa para defender o feminismo
Por Diego Espiño |
-
Ponte Caldelas atará lazos como símbolo da igualdade o 8 de marzo
Por Redacción |