E Pontevedra volveu saír á rúa para defender o feminismo
Por Diego Espiño
Foi o colofón perfecto a unha xornada histórica, a da folga feminista no Día Internacional da Muller.
Aínda que as convocatorias oficiais, encabezadas na máis numerosa pola CIG e o Colectivo Feminista de Pontevedra, celebráronse na cidade ao mediodía cun espectacular éxito de participación, un gran número de pontevedresas volveu saír á rúa a última hora da tarde deste xoves 8 de marzo.
Ás 20:00 horas, momento no que estaban convocadas marchas pola igualdade noutras localidades galegas, comezou a encherse de xente a Praza da Peregrina, a modo case improvisado.
Nesta ocasión, os asistentes desfilaron nunha pequena marcha por varias rúas do centro da cidade ata terminar cunha concentración na Praza da Ferrería, onde varios colectivos entoaron cánticos e proclamas acompañados de asistentes de todas as idades.
Así permaneceron ata que o reloxo do santuario da Peregrina marcou as 21:00 horas, momento no que un sonoro aplauso puxo punto e final á protesta, ao día no que Pontevedra elevou a súa voz contra o machismo.
Relacionadas:
-
Concentración de delegadas da CIG coa vista posta na folga das mulleres do 8 de marzo
Por Redacción |
-
Multitudinaria, histórica e… imparable
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Pontevedra retoma a normalidade tras a folga do 8 de marzo cun ánimo renovado
-
Ponte Caldelas "ata lazos" e brinda pola igualdade
Por Noelia Torres Pintos |
-
A "resaca emocional" de Carmela Silva polo 8 de marzo: "Nada pode volver a ser igual"
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Especial 8M: Que opina a mocidade?
Por Noelia Torres Pintos |
-
O xornalismo de Pontevedra, sen voces femininas no 8 de marzo
Por Alejandro Espiño |
-
Mobilización histórica das mulleres pontevedresas
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
CCOO e UXT denuncian a "pasividade do goberno" en políticas de igualdade
Por Diego Espiño |
-
O 8 de marzo, "un arco iris" de decencia para a humanidade
Por Alejandro Espiño |