CCOO e UXT denuncian a "pasividade do goberno" en políticas de igualdade
Por Diego Espiño
Os sindicatos CCOO e UXT apostaron este xoves 8 de marzo por secundar paros parciais durante a xornada de folga laboral.
Ademais ambas as organizacións protagonizaron unha concentración de protesta, entre as 12:30 e as 13:00 horas, fronte á sede da Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
Baixo o lema #VivasLibresUnidas 'En loita pola igualdade', os sindicatos quixeron "denunciar a pasividade do goberno en políticas de igualdade", sinalaron no seu manifesto.
"Apoiamos activamente a mobilización feminista con paros parciais contra a desigualdades, as brechas de xénero e as violencias machistas", explicaron, esixíndolle tanto ao goberno como ás empresas "medidas reais que combatan a discriminación".
UXT e CCOO convocaron durante a xornada paros de dúas horas en función das quendas de traballo, previstos de 0:00 a 2:00, de 12:00 a 14:00 e de 19:30 a 21:30 horas.
Relacionadas:
-
E Pontevedra volveu saír á rúa para defender o feminismo
Por Diego Espiño |
-
O campus de Pontevedra alza a súa voz polos dereitos das mulleres
Por Redacción |
-
O xornalismo de Pontevedra, sen voces femininas no 8 de marzo
Por Alejandro Espiño |
-
Así arrancaba a xornada o 8-M en Pontevedra
Por David Arana & María López Verdial |
-
Mobilización histórica das mulleres pontevedresas
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
O 8 de marzo, "un arco iris" de decencia para a humanidade
Por Alejandro Espiño |
-
Polo 8M, nós paramos
Por #AsXornalistasParamos |
-
#VivasLibresUnidas - Paro por quendas para o 8-M para facilitar o seguimento da folga pola muller
Por Redacción |