A provincia de Pontevedra, referencia na aplicación da "filosofía Tonucci"
Por Redacción
"A provincia de Pontevedra segue sendo unha referencia na aplicación do que podemos denominar a filosofía Tonucci" asegurou este mércores o deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, tras o encontro mantido co propio Francesco Tonucci.
O deputado nacionalista está encabezando a delegación pontevedresa, conformada por 18 persoas, que está participando no III Encontro da Rede Estatal de Cidades das nenas e dos nenos que se celebra durante dous días en Huesca e que está organizado polo Laboratorio Internacional do proxecto do CNR de Roma.
En total, o encontro conta con 145 persoas inscritas procedentes de 30 localidades.
Tras o acto oficial de presentación das cidades e institucións participantes, Uxío Benítez e parte da delegación da provincia mantiveron un encontro co propio Tonucci para explicar como se están executando as distintas accións do goberno provincial no conxunto da provincia.
Na apertura do encontro, a Deputación de Pontevedra proxectou un vídeo no que se recollen as principais actuacións de calado nesta materia, como son o Plan Móvese e a convocatoria de plans de mobilidade sustentable.
Así, no apartado dedicado ao Plan Movese, destinado ao calmado do tráfico para mellorar a convivencia de coches e persoas en estradas provinciais, explicábase que foron instalados 597 redutores físicos de velocidade e pasos peonís sobreelevados en 46 concellos, e cun investimento de 3.866.380 euros.
Neste apartado tamén se indicou que está en marcha unha segunda fase deste plan con máis de 1.000 solicitudes novas. En canto aos plans de mobilidade sustentable, a liña de axudas a concellos para que deseñen cambios estratéxicos no seu espazo urbano e prioricen ás persoas, o investimento acadou os 579.000 euros e atendeu as solicitudes de 42 concellos.
Relacionadas:
-
O Plan Móvese 2 permitirá ampliar ata 3.000 o número de lombos nas estradas da provincia
Por Redacción |
-
Suecia aplaude o modelo de mobilidade da Deputación
Por Redacción |
-
Suecia interésase pola eliminación de tráfico do centro de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
O Museo de Pontevedra programa unha exposición comisariada por nenos de Primaria
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Máis de 7.800 persoas visitaron a mostra sobre Tonucci: 'Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato'
Por Redacción |
-
Tonucci fala dos seus 40 anos con ollos de neno
Por Mónica Patxot |
-
Frato amosa como facer visible o invisible do universo infantil
Por Mónica Patxot |