A Fonte da Praza de Arriba será restaurada pola Escola de Cantería
Por Redacción
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinaba co alcalde do Grove, José Cacabelos un convenio para a reconstrución da emblemática Fonte da Praza de Arriba, a cargo da Escola de Cantería da institución provincial que levará a cabo traballos de restauración e instalación.
Carmela Silva afirmaba atoparse moi satisfeita por restaurar unha peza histórica do patrimonio do Grove, despois de que fose maltratada ao non coidarse o patrimonio.
Pola súa banda, José Antonio Cacabelos subliñou que a proposta de rehabilitación vai na liña do Plan estratéxico de Turismo da Deputación que se fomenta a través da campaña # SomosHistorias.
A fonte é de estilo modernista de gran porte rematada cunha copa de ferro fundido e soporte para dous faroliños que iluminan a saída de auga. Construíuse no ano 1925 e mantívose na Praza de Arriba ata a década dos 60. Naqueles anos foi retirada e ao desmontala sufriu danos materiais. Posteriormente instalouse en Porto Meloxo, lugar onde nunca estivo activa.
Relacionadas:
-
A Deputación promocionará a formación impartida na Escola de Cantería
Por Redacción |
-
Aberto o proceso de preinscrición para matricularse na Escola de Cantería de Poio
Por Redacción |
-
Os traballos dos alumnos da Escola de Cantería chegan aos xardíns da Deputación
Por Mónica Patxot |
-
Botou a andar un novo curso da Escola de Cantería
Por Redacción |