A Deputación promocionará a formación impartida na Escola de Cantería
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer a posta en marcha "dunha ambiciosa campaña informativa" para dar a coñecer a Escola de Cantería.
Con motivo do inicio do novo curso Carmela Silva xunto á deputada de Emprego, Montse Magallanes visitaron este centro ubicado no Concello de Poio e considerado "unha referencia en España".
Neste contexto, a presidenta provincial adiantou que "de xeito inmediato" a Deputación remitirá unha carta a todos os centros de educación secundaria e FP para anunciar a visita dun mestre canteiro para dar a coñecer ao alumnado a formación que se imparte na Escola de Cantería e as súas principais saídas profesionais.
Amais, tamén está previsto que en outubro se achegue ao cárcere da Lama para impartir formación (dous días á semana durante tres horas cada día), así como aumentar as visitas de colectivos e centros educativos, asistir a feiras do sector e organizar intercambios con outras escolas de oficios de España.
Nestes momentos, a Escola de Cantería mantén aberto o prazo de inscrición no centro, ofertando para este curso 35 prazas.
HOMOLOGACIÓN DO TÍTULO
En relación ao título de Cantería, a presidenta provincial informou que, nestes momentos o goberno provincial ten en tramitación as obras, nas que van investir 400.000 euros, para acondicionar o centro para que cumpra con todos os requisitos legais para afrontar a homologación oficial do título de Cantería e recoñecer así a profesión.
Relacionadas:
-
A Deputación realizará obras na Escola de Cantería para tentar lograr a homologación do título
Por Redacción |
-
Aberto o proceso de preinscrición para matricularse na Escola de Cantería de Poio
Por Redacción |
-
A Escola de Canteiros esixe a Educación a homologación dos títulos dos seus alumnos
Por David Arana & Paula Sanmartín |
-
A Fonte da Praza de Arriba será restaurada pola Escola de Cantería
Por Redacción |