Estribela estreará o seu renovado centro social a finais de ano
Por Alejandro Espiño
O barrio pontevedrés de Estribela poderá gozar do seu centro social, que será renovado de maneira integral, a finais de ano.
O goberno municipal adxudicará o vindeiro luns a obra á empresa Construcciones Pérez Abilleira, que presentou unha oferta de 452.000 euros, case 100.000 euros menos que o prezo fixado na licitación.
O portavoz do goberno municipal, Raimundo González, explicou que a empresa terá un prazo de seis meses para completar esta reforma. Ademais, comprométese a realizar melloras no mobiliario, que están valoradas en 33.000 euros.
O centro social actual, construído hai 17 anos, é "insuficiente" polo que o goberno apostou por reformar as súas dúas plantas.
A planta baixa contará cunha ampla sala para proxeccións, conferencias ou exposicións, ademais de espazo para aseos e almacéns; mentres que na primeira planta habilitaranse dúas aulas de formación, despachos, aseos e máis almacéns.
En total, o centro social ocupa uns 700 metros cadrados e, segundo Raimundo González, responderá os necesidades dos veciños.
Relacionadas:
-
Saen a contratación as obras para converter en Casa de Cultura o vello mercado de Estribela
Por Oskar Viéitez |
-
O PP pide revitalizar o mercado de Estribela e "abrir a porta" a novos vendedores
Por Alejandro Espiño |
-
Xa está listo o proxecto para a reforma do centro social de Estribela
Por Sofía Fernández Fuentes |