Este luns pecha un carril da avenida de Montecelo
Por Redacción
O Concello de Pontevedra está a executar traballos de sostenemento dun noiro na avenida de Montecelo, de acceso á Cidade Infantil Príncipe Felipe e ao Complexo Hospitalario, pola estrada de Ponte Caldelas.
Os traballos obrigarán a pechar un dos carriles de circulación ao tráfico dende primeira hora do luns 9 de abril, polo que os pasos se sucederán alternativamente polo que permanecerá aberto.
As obras, que executa a empresa Elsamex por 72.744 euros, consisten en asegurar o noiro xa que rexistrou desprendementos de rochas debido ás chuvias dos últimos meses.
Para evitar o risco de novas caídas, estase a realizar un muro de contención que dea seguridade a todas as persoas que transitan pola zona.