O centro de saúde de Baltar estrea espazos renovados
Por Redacción
Preto de 25.000 euros. É o investimento que vén de realizar o Servizo Galego de Saúde para acometer obras de renovación e ampliación de espazos do centro de saúde de Baltar.
A reforma, que xa chegou á súa fin, permitiu dotar ao centro dunha nova sala de extraccións con catro postos e de carácter independente ou dunha nova zona exclusiva para a matrona con acceso directo desde o exterior.
Ademais, tamén se habilitou unha nova consulta para o Punto de Atención Continuada.
Así mesmo, a reforma incluíu a renovación dos baños dos corredores e da zona de lencería e se habilitou unha área de descanso para o persoal.
O xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez, supervisou este xoves o resultado destes traballos para potenciar a operatividade asistencial e de espazos no centro de saúde.