Máis de cen persoas celebraron o bo tempo cunha andaina por Taboadelo
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas puido este martes celebrar a chegada do bo tempo cunha nova actividade do programa municipal Patea Tapea, unha andaina de 12 quilómetros polas paisaxes naturais de Taboadelo.
Máis de 100 persoas do propio municipio e tamén dos da contorna participaron nesta saída, a terceira do ano. Entre os participantes, atopábase, unha vez máis, o alcalde, Andrés Díaz.
A ruta comezou ás 10.30 horas na igrexa de Taboadelo. Na primeira parte os participantes subiron ao monte da Escorregada, unha antiga canteira dende a que se goza dunha vista espectacular de boa parte do territorio caldelán, dende Vilarchán,ata o municipio de Fornelos de Montes.
A segunda parte, xa de regreso, foi unha baixada ata o río San Vicente e a zona dos muíños. Tras cruzar a ponte do Canedo, volveron polo Camiño do Pai Sarmiento.
O tapeo final foi na taberna de Puri, en Taboadelo, onde os asistentes recuperaron forzas.
Relacionadas:
-
Domingo de bo tempo para tapear e camiñar por Tourón
Por Redacción |
-
Un domingo perfecto para "patear" e "tapear" entre Barbudo e Anceu
Por Redacción |
-
Familias relacionadas coas asociacións Amencer e Xuntos súmanse a Patea Tapea
Por Redacción |
-
As andainas de Ponte Caldelas atraen a camiñantes doutros puntos da comarca
Por Redacción |