O popularmente chamado "peche" de camas hospitalarias no verán é unha cuestión que cíclicamente volve á palestra mediática por estas datas. José Ramón Gómez, xerente dos hospitais públicos de Pontevedra e Salnés, prefire falar de "previsión de non utilizar determinadas camas hospitalarias", xa que o seu uso en caso de calquera contixencia é factible en dúas horas.
Unha mostra desta planificación sanitaria lévao á súa experiencia profesional o 24 de xullo do 2013 "cando se produciu o accidente do Alvia, que era período de vacacións, eu estaba profesionalmente en Santiago e fomos capaces de adaptarnos ás necesidades que se expuxeron".
Durante este Cara a cara, José Ramón Gómez explica que "a demanda asistencial fluctúa durante o ano. Un feito reiterado no período estival é que a demanda cae. No verán do 2017 o volume de ingresos baixou un 10% o que significa que das 600 camas coas que conta o CHOP usáronse 450 para hospitalización. No caso do Salnés das 120 camas das que se dispón, usáronse entre 70 e 75 eses tres meses".
Esta planificación para os meses de verán deu lugar a varias accións de protesta por parte do persoal destas dependencias sanitarias de Pontevedra. Preguntámoslle en PontevedraViva Radio, por esas críticas que fixeron públicas. Aclara que "os hospitais non se paralizan nos meses estivais e a actividade cirúrxica tampouco se estanca. Seguimos traballando co persoal co que dispoñemos e priorizamos as intervencións".
Rexeita ademais que se poida imputar á non utilización de determinado número de camas hospitalarias o incremento das listas de espera. "Os profesionais teñen dereito a un período de vacacións, e continúase a actividade co persoal do que se dispón", recuerda. Precisamente, as recolocacións e falta de contratacións son outra das queixas que expuxeron estes días.
"Para palialo, (recolocacións), ofrecémoslles a posibilidade de que poidan elixir, e mesmo que de Atención Primaria, neste período vacacional, presten servizo nun ámbito destes centros nos que o profesional síntase cómodo". O que non resulta factible é contratar especialistas concretos. O xerente deste Complexo Hospitalario expón que "non temos facultativos, por exemplo de anestesia ou cirurxiáns para substituír un mes de vacacións".
Gómez Fernández volve botar man dos números que manexa para dar resposta a outra obxección, as derivacións a centros concertados. "Cos datos extraídos do Hospital do Salnés -onde máis controversia houbo-. En 2017 deriváronse 180 persoas a centros concertados fronte ás máis de 80.000 persoas atendidas entre hospitalizacións, internvenciones, urxencias, etc...".
Acaba de cumprir practicamente un ano á fronte desta responsabilidade da xerencia en Pontevedra e Salnés. José Ramón Gómez mantén unha máxima: tes que lograr facer equipo e que o conxunto dos profesionais sanitarios sexan escoitados.