Os socialistas sinalan importantes deficiencias no novo campo de fútbol de Cerponzóns
Por Redacción
Nunha visita realizada polos concelleiros do grupo municipal socialista ás obras do novo campo de fútbol de Cerponzóns detectaron "importantes deficiencias" na súa execución. "Algunhas xa teñen difícil arranxo pero outras aínda se poden e deben corrixir" indicou Tino Fernández, portavoz municipal do PSOE.
Os socialistas destacan que o terreo de xogo "está quedando francamente ben" ainda que "podería ter algo mais de ancho, porque terreo sobra, pero en liñas xerais, está ben".
Os problemas din que están no resto das instalacións. O peche perímetral do campo é "inadecuado" ao seu criterio, "colócase un valado de uns dous metros no linde do campo. E logo, pegado ao terreo de xogo se instalan unhas redes para evitar que os balóns saian do recinto. O lóxico é levantar un peche de máis altura e evitar a colocación de redes".
Tampouco entenden moi ben a escasez de espacio para os xogadores nos vestiarios. "Coa cantidade de terreo que hai, as medidas son moi xustas". Algo similar ocorre cos banquiños onde os xogadores e técnicos van a estar "bastante apretados".
Unha das cuestións máis graves que detectan os concelleiros socialistas é o revestimento exterior dos vestiarios. Trátase dunha chapa metálica que nos remates acaba de forma puntiaguda "tal e como está é un auténtico perigo. A dirección municipal da obra non pode permitir ese elemento nun espacio que será utilizado por centos de nenos e nenas".
Sobre os vestiarios vai unha especie de grada absolutamente descuberta "será porque en Cerponzóns chove pouco" ironizou Tino Fernández. Os socialistas consideran necesario corrixir ese aspecto do proxecto.
Con respecto á grada antiga, coa actual configuración do terreo de xogo, "queda desprazada e en boa parte, inservible", polo que "habería que actuar sobre ela e prolongala, para facela mais operativa".
Finalmente sinalan outro elemento "mal ubicado" como é a cantina. Afirman que tal e como esta situada, non se pode seguir o partido mentres se toma un café.
"O lóxico en todos os campos é situala de xeito que se poida seguir o xogo mentres se consume. En este caso vai a ser imposible facer as dúas cousas ao mesmo tempo e iso vai a repercutir negativamente nos ingresos do club"
Os socialistas entenden que cando se invisten 850.000 euros nunha obra hai que ter maior control sobre o que se vai a facer e sobre como se executa.
"Plantexaremos estas deficiencias ao grupo de goberno e espero que sexan receptivos, porque o importante é que a obra remate ben" indicou o portavoz do PSOE local.
Relacionadas:
-
María Rey cualifica de "despropósito" a falta de auga corrente no campo de fútbol de Cerponzóns
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Lores exhibe as súas habilidades futbolísticas no novo campo de Cerponzóns
Por Diego Espiño |
-
Silva e Lores asinan un convenio de 2,4 millóns para financiar dous campos de fútbol
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O campo de fútbol de Cerponzóns estará listo en abril
Por Noelia Torres Pintos |
-
Os clubs exercerán de bedeis nos campos de fútbol municipais
Por Redacción |