Cuntis mellora o vial entre o polígono industrial da Ran e o lugar de Guldrigáns
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cuntis executará con cargo o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra a mellora do vial entre o polígono industrial da Ran e o lugar de Guldrigáns que se encontra moi deteriorado.
Esta mellora baséase fundamentalmente na pavimentación de firme a base de aglomerado en quente tipo D-12, para o cal previamente efectuarase o barrido do firme existente por medios mecánicos e a escavación e limpeza das cunetas para a mellora da evacuación das augas pluviais.
Nunha zona do vial, no que o pavimento está moi deteriorado, ó tratarse dunha curva, procederase a realizar un ensanche hacia o interio. Esta zona atópase actualmente en terra.
O presuposto da obra é de 34.500 euros.
Relacionadas:
-
Cuntis acondiciona a escola de Meira para dedicala a viveiro de empresas
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis acondiciona a Pista das Moreiras para mellorar o acceso ao polígono da Ran
Por Redacción |
-
Cuntis inicia a contratación da mellora de seguridade viaria do polígono da Ran
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis recibe case 118.000 euros do Plan Concellos para tres actuacións
Por Redacción |