A bandeira arcoíris ondea en Sanxenxo con motivo do día internacional polos dereitos LGTBI
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo colgou este luns a bandeira da diversidade para recoñecer os 40 anos de loita pola igualdade LGTBI, que recolle o manifesto do día internacional polos dereitos de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais que cada ano conmemórase o 28 de xuño como homenaxe ás revoltas de Stonewall en Estados Unidos.
A bandeira lucirá no balcón da casa consistorial ata o vindeiro luns día 2 de xuño para "expresar o compromiso pola inclusión e para combater o odio e a discriminación cara a este colectivo", destaca Silvia Freire.
O pasado 18 de xuño, a Organización Mundial da Saúde publicaba a súa nova edición do Catálogo Internacional de Enfermidades, no cal se exclúe por primeira vez a transexualidade da clasificación de enfermidades mentais.
O xoves ás 12.00 horas terá lugar a lectura dun manifesto na entrada da Casa Consistorial, a cargo de Elaxar Lersundi, que pasou en Portonovo os últimos 25 veráns e sente esta vila como a súa segunda casa. Elaxar é o pai de Ekai, un neno de tan só 16 anos, que o pasado mes de febreiro decidía acabar coa súa vida mentres esperaba recibir un tratamento hormonal.
"No noso municipio temos casos de menores que se sentiron discriminados nalgún momento da súa vida e queremos que Sanxenxo sexa para todo o colectivo LGBTI, un espazo seguro no que poidan vivir en liberdade e respéctese a diversidade", apuntaba Silvia Freire, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade.