Tráfico vixía os peregrinos
Por Oskar Viéitez
As xefaturas provinciais de Tráfico de Galicia teñen en marcha unha campaña para vixiar a seguridade viaria dos peregrinos que durante as datas estivais percorren o Camiño de Santiago.
Dentro desta iniciativa deseñaron unha serie de dípticos informativos que se repartiron nos últimos días. Ademais aconsellaron aos peóns e ciclistas sobre as medidas de seguridade que deben adoptar para evitar riscos viarios no seu desprazamento Santiago.
Na provincia de Pontevedra, as patrullas do subsector dispersáronse polos diferentes puntos conflitivos do camiño, que son: a N-550 entre Tui e Porriño, o camiño portugués da costa entre A Guarda e Baiona, Redondela, Arcade e Figueirido, a EP-0002 en Tomeza, a PO-225 o cruzamento de Alba e a N-550 cruzamento de Carracedo. Pola súa banda, os efectivos do destacamento de Lalín vixiaron Dozón e A Xesta.
Os dípticos entregados polos motoristas da Agrupación de Tráfico informan, entre outras cousas, sobre a necesidade de facerse ver usando pezas e elementos reflectores, dos lugares e formas de transitar pola calzada, da imposibilidade de conducir unha bicicleta utilizando simultaneamente o teléfono móbil ou cascos auriculares ou da obrigatoriedade do uso do casco os ciclos en todas as vías interurbanas.
Relacionadas:
-
Paula Yubero, nova xefa provincial de Tráfico en Pontevedra
Por Redacción |
-
8.000 persoas percorreron este 2018 o Camiño portugués da Costa
Por Redacción |
-
O PSOE pide obras de urxencia no Camiño Portugués tras o atropelo dunha peregrina en Alba
Por Redacción |
-
Ferida leve unha peregrina que foi atropelada en Alba
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada