Os socialistas promoven unha ruta Hamelín por Pontevedra detrás das ratas
Por Redacción
O grupo municipal socialista volve alertar sobre a bichería que se atopa presente en Pontevedra. Despois de denunciar a proliferación de ratas nas proximidades do Recinto Feiral, onde mesmo chegaron a detectalas encima das árbores a plena luz do día, e en Campolongo con alta presenza de colonias de roedores na rúa María Vitoria Moreno, o PSOE alerta dun amplo número de ratas no paseo dos Gafos, entre outros puntos.
O portavoz municipal do PSOE, Tino Fernández, sinala que "a raíz das nosas denuncias descubrimos que hai un autentico mapa da bichería no noso concello". Por este motivo, presentaron un escritor nas oficinas municipais instando o goberno de Fernández Lores a que esixa á empresa concesionaria que cumpra coa súa obriga e proceda a realizar campañas de choque con carácter inmediato en todo o centro urbano.
Os socialistas expoñen ironicamente unha ruta ao estilo de Hamelín nas que se poden ver aos roedores: Ponte Bolera; Rúa das Estrigueiras; Rúa Rosalía de Castro; Avenida de Marín; Desembocadura do Gafos (Monte do Taco); Rúa Manuel Leiras Pulpeiro; Rúa Tablada; nas proximidades ao antigo cuartel da Garda Civil en Loureiro Crespo; Amado Carballo; Pintor Laxeiro e Abundancia; ademais de en Senén Sobral e nos arredores do Mercado de Estribela.
Sinalan que a empresa concesionaria da recollida do lixo está obrigada a levar a cabo un plan de desratización cada tres meses
Relacionadas:
-
O PSOE urxe medidas especiais para acabar cunha praga de ratas
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas esixen explicacións pola "mala recollida do lixo" durante os festivos
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian a aparición dunha rata nas escaleiras do Hospital Provincial e esixen solucións inmediatas
Por Redacción |
-
Un particular reclama, a través de letreiros no paseo peonil, comportas para o río Gafos
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian que as ratas seguen a proliferar en Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas esixen medidas contra a proliferación de ratas en Pontevedra
Por Redacción |