Detido un mozo veciño de Pontevedra con antecedentes por un roubo no Crespo Rivas
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional procederon á identificación e detención dun home, de 25 anos de idade, veciño de Pontevedra, con antecedentes policiais, como presunto autor dun roubo con forza na Escola de Educación Infantil Concepción Crespo Rivas, de Campolongo.
Segundo informaron desde a Comisaría Provincial os feitos remóntanse ao día 24 de abril, cando a directora do centro infantil interpuxo unha denuncia na que daba conta do roubo no interior da Escola.
Tras saltar o valado perimetral e subir ata a fiestra da sala de profesores subtraeron do interior da mesma un ordenador portátil.
O día 7 de maio sobre as 13.15 da mañá o presunto autor foi identificado e detido polos axentes.
Unha vez tramitado o correspondente atestado policial, no que o detido foi oído en declaración, foi posto a disposición da Autoridade Xudicial.