A Xunta licita as obras PO-308 entre o peirao do Covelo e o miradoiro da Granxa
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de licitar este venres por máis de 1,5 millóns de euros as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-308 (Pontevedra-A Lanzada), entre a intersección coa rúa de acceso ao peirao do Covelo e o miradoiro da Granxa, entre os concellos de Poio e Sanxenxo.
O prazo para a presentación de ofertas para a realización desta actuación rematará o vindeiro día 26 de xullo.
As principais actuacións a realizar no tramo da estrada PO-308 consistirán na mellora das interseccións nas que se producen unha parte importante dos accidentes rexistrados nesta estrada.
Entre as intervencións proxectadas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda destaca a execución dunha semiglorieta no acceso ao peirao do Covelo e unha glorieta na intersección coa PO-303 en Samieira.
O proxecto inclúe ademais a construción dun carril central na intersección co Camiño Salgueiral e o acceso á praia de Laño, así como a execución dunha segunda glorieta para acceso ao porto de Raxó.
Relacionadas:
-
Aprobadas nove expropiacións para eliminar un tramo perigoso da PO-308 en Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Xunta convoca aos afectados polas obras na PO-308 para o levantamento de actas previas
Por Redacción |
-
A Xunta dá un novo paso para mellorar a estrada entre Covelo e o Miradoiro da Granxa en Poio, foco de accidentes
Por Redacción |
-
A empresa Civis Global construirá a senda entre Covelo e Raxó por preto de 1,6 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Tres glorietas en Samieira, Covelo e Raxó para mellorar a seguridade da PO-308
Por Redacción |
-
As obras da PO-308, entre A Granxa e Sanxenxo, contemplan expropiacións a seis propietarios
Por Redacción |