Cidadáns pide ao Concello da Lama que cumpra co Pladiga e limpe a finca das Colonias de Covelo
Por Redacción
O concelleiro de Cidadáns da Lama, Andrés Cal Malleiro, pide ao goberno local do PP que se faga cargo da limpeza da leira das Colonias de Covelo en cumprimento do novo Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga) da Xunta de Galicia.
O edil lembra que esa normativa obriga aos propietarios de leiras a menos de 50 metros de vivendas a facerse cargo da súa limpeza antes do 31 de maio para minimizar os riscos de incendio e a súa afectación a vidas humanas e bens.
Unha vez que, como resultado da orde do DOG do 15 de marzo, o Concello é destinatario dos bens da Fundación das Colonias Escolares de Covelo, Andrés Cal considera que debe asumir os seus responsibilidades.
A leira das Colonias de Covelo atópase, segundo denuncia Cidadáns, nun "estado deplorable" e próxima a vivendas (a menos de 50 metros), de modo que poden causar serios danos físicos ou materiais aos veciños da parroquia de Covelo.
Cidadáns presentou un escrito por rexistro con esta petición e instando o goberno local a que se acometa coa maior brevidade posible.
Relacionadas:
-
Piden unha reunión coa conselleira de Educación para abordar a extinción das colonias escolares de Covelo
Por Redacción |
-
O PSOE pide a baixa de dous concelleiros do PP tras o rexeitamento á recuperación das Colonias de Covelo
Por Redacción |
-
Rexeitamento do PP no Parlamento a manter a fundación das colonias de Covelo
Por Redacción |
-
Alertan de que a extinción das Colonias Escolares supón unha perda de 50 empregos para A Lama
-
A Lama presenta un contencioso-administrativo contra a extinción do padroado de colonias escolares de Covelo
Por Redacción |
-
Jorge Canda propón á Xunta a posibilidade de que o Concello asuma as colonias de Covelo
Por Oskar Viéitez |