Xunta e Concello reuniranse este venres para tratar a comarcalización dos bombeiros
Por Alejandro Espiño
Dúas das tres administracións implicadas nunha hipotética comarcalización do parque municipal de bombeiros, a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, reuniranse este venres para tratar de avanzar cara a unha solución que permita mellorar a atención das emerxencias en toda a comarca.
A este encontro, que se celebrará á unha da tarde, acudirán o director xeral de Emerxencias, Luís Menor; e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo. Por parte do Concello estará a tenente de alcalde, Carme da Silva.
Da Silva, responsable de seguridade cidadá, sinalou que "agardo que veñan cun plantexamento" respecto da pretendida comarcalización, xa que o goberno municipal ten deixado "ben claro" que está disposto a reconverter o seu parque de bombeiros.
Iso si, reiterou a edil do BNG, Pontevedra "ten o servizo cuberto", polo que non aceptará que a ampliación do ámbito de cobertura dos bombeiros supoña un aumento do custo que supón para a cidade este servizo.
"Non temos inconvinte en comarcalizar o parque", explicou a tenente alcalde, pero advertiu que "sería inxusto" que Pontevedra tivese que sufragar o aumento do custo dun servizo "que non se vai a prestar aquí".
En todo caso, Da Silva entende que sería a Xunta a que debería prestar este servizo "directamente", para que a prestación estivese "garantida" en todo o territorio galego "en igualdade de condicións".
Relacionadas:
-
Carmela Silva pregúntase que pasou coas comarcalizacións dos Parques de Bombeiros que anunciaba a Xunta
Por Redacción |
-
Pontevedra ve "decepcionante" a proposta da Xunta para comarcalizar os bombeiros
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta pon no tellado do Concello de Pontevedra fixar unha reunión para falar da comarcalización dos bombeiros
Por Redacción |
-
Un estudo da Deputación constata que as emerxencias están peor cubertas no interior da provincia
Por Natalia Puga |
-
A Xunta tratará directamente con Pontevedra e Vigo a comarcalización dos seus bombeiros
Por Redacción |