Carme da Silva: "Hai moitos anos que Elnosa sabe que non pode seguir aí"
Por Alejandro Espiño
Carme da Silva teno claro. Era "imposible" que Costas outorgase unha prórroga para que Elnosa puidese seguir na ría porque "carece" de autorización ambiental integrada, cuxa última renovación foi anulada por unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Ante o anunciado peche da factoría, previsto para o próximo 29 de xullo, Da Silva reiterou que a electroquímica " hai moitos anos que sabe que non pode seguir aí" e, a pesar diso, "non traballaron nunca" para trasladar a súa produción a unha localización "axeitada" e afastada dos núcleos urbanos de Pontevedra e Marín.
A tenente alcalde ironizou con que Elnosa demostrou non ter a "capacidade negociadora" de Ence, empresa que si obtivo o permiso de Costas para continuar en Lourizán. "Non saben a que porta chamar", dixo.
Ence, engadiu, "usou o aparato da Xunta e o Estado para quedar", mentres que Elnosa "anda niso agora", a pesar de que no seu día "comprou un desguace" que, coa lexislación na man, debe abandonar a ría de Pontevedra.
MAREA CELEBRA O PECHE
Marea Pontevedra, pola súa banda, recibiu con satisfacción esta noticia porque co peche os cidadáns de Pontevedra, segundo Luís Rei, "ve desaparecer o perigo con que a cloreira a ameazaba desde hai medio século e poderá respirar algo máis tranquila"
Esta saída debe ser o "primeiro paso" para que todas as administracións públicas, tras a correspondente desafectación dos terreos, inicien un proceso de recuperación integral para recuperar as marismas de Lourizán.
Relacionadas:
-
A fin de Elnosa é o "primeiro paso", segundo o BNG, para acabar coa "desfeita" na ría
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello pide ao Goberno un control "efectivo" sobre o cese de actividade de Elnosa
Por Alejandro Espiño |
-
Rafa Domínguez culpa a Lores e o PSOE do inminente peche de Elnosa
Por Anxo Lourido |
-
Elnosa anuncia aos traballadores a súa intención de pechar o 29 de xullo
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE promete "insistir" ante o Goberno de Pedro Sánchez para que Ence saia da ría
Por Redacción |