Inician os traballos para habilitar unha nova zona de aparcadoiro nos terreos de Tafisa
Por Redacción
O Concello de Pontevedra teñen previsto iniciar estes días os traballos de acondicionamento dun novo estacionamento en superficie gratuíto nos antigos terreos de Tafisa.
Trátase da parcela na que estará situada no futuro a nova facultade de Belas Artes, pero mentres o proxecto non avanza terá un novo uso tras o acordo alcanzado coa Universidade de Vigo.
O obxectivo é crear unhas 150 prazas de aparcadoiro que completen a bolsa de prazas existentes na parcela situada xunto á área de autocaravanas.
Os traballos comezaron coa limpeza de toda a parcela, e continuarán agora co acondicionamento do terreo nivelándoo con grava e xabre e compactándoo tras uns días de espera para que asente a drenaxe.
A idea é poder abrir esta zona de aparcadoiro antes de que se inicien as festas da Peregrina.
MANTEMENTO NO DISUASORIO DO PAVILLÓN MUNICIPAL
Outro aparcadoiro dos catalogados como disuasorios, o situado na rúa Xoán Manuel Pintos fronte ao Pavillón Municipal dos Deportes, permanecerá unha semana pechado debido a traballos de mantemento.
As obras comezarán ás 8:00 horas do luns, consistentes na reparación do firme para solucionar os desniveis producidos ao longo do ano e que ocasionaban charcos en días de choiva. Trátase dunha práctica habitual nos meses de verán.
Relacionadas:
-
Pontevedra abre ao público as 350 novas prazas de aparcadoiro nos antigos terreos de Tafisa
Por Redacción |
-
Os aparcadoiros disuasorios gratuítos da cidade suman unhas 1.750 prazas
Por Oskar Viéitez |
-
O corte ao tráfico de Pai Gaite líaa parda
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Novo aparcadoiro disuasorio para 150 coches en Tafisa
Por Oskar Viéitez |