Tres menores, trasladados por intoxicación etílica a centros hospitalarios durante este sábado de peñas

Por Redacción
O balance das incidencias durante a xornada de peñas no primeiro día das Festas da Peregrina establece 19 intervencións das ambulancias que se encargaban de atender as urxencias, segundo informaban técnicos de Emerxencias Sanitarias. Son dúas menos que durante a celebración do pasado sábado.
Por parte das ambulancias do 061 realizáronse sete traslados por intoxicación etílica, dúas das persoas atendidas eran menores, un de 13 anos e o outro mozo tiña 17 anos. Neste caso, tratábase dun rapaz que se atopaba en moi mal estado ás 04.00 horas debido á inxestión de asente, un licor de moi alta gradación que se atopa de moda entre a xente máis nova. O asente que se comercializa presenta unha graduación entre os 55 e os 80 graos. Desde os servizos de Emerxencia amosan a súa preocupación pola aparición deste tipo de consumo entre menores.
A ambulancia da Cruz Vermella situada na praza de España realizou sete asistencias con dous traslados por intoxicación etílica. Nun destes casos tratábase dunha menor de 16 anos de idade. Tamén foi necesaria a atención dunha muller que se golpeou cunha atracción das festas en cálea Alameda.
Pola súa banda, Protección Civil tamén realizou varias intervencións atendendo a xente nova que se atopaba baixo efectos do alcol, pero sen necesidade de ser trasladados a un centro hospitalario.
Os técnicos de Emerxencias, preocupados polo consumo de asente entre menores
Desde o Complexo Hospitalario de Pontevedra indícase que desde as 22.00 horas do sábado ata as 08.00 horas do domingo atendéronse catro intoxicacións e unha agresión no servizo de Urxencias do Hospital Montecelo.
Tamén se rexistrou un accidente de tráfico con cinco feridos que se trasladaban en dirección a Pontevedra para participar da festa de peñas. Unha das ocupantes do vehículo sufriu danos nunha vértebra e tivo que ser atendida na UCI.
Pola súa banda, os técnicos de Emerxencias agradecen a colaboración por parte dos dispositivos da Policía Local e a Policía Nacional durante toda a xornada, que axudaron nos labores de emerxencias ás persoas que precisaban dunha atención urxente. En todo caso, desde a Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE) manteñen que é insuficiente unha soa ambulancia da Cruz Vermella, contratada polo Concello, para atender as incidencias das peñas e reclaman unha mellora deste servizo para próximas ocasións.
Relacionadas:
-
O Partido Popular propón unha mesa para resolver o "botellón descontrolado" na festa das peñas
Por Anxo Lourido |
-
Técnicos de emerxencias cifran en 68 os servizos realizados durante as dúas fins de semana de peñas
Por Natalia Puga |
-
Carme da Silva fai balance positivo da festa das peñas e afirma que "o Concello non incita a beber alcohol a menores"
Por Anxo Lourido |
-
O primeiro sábado de 'peñas' deixa 14 atendidos en Montecelo por agresións e catro por intoxicacións etílicas
Por Natalia Puga |
-
Técnicos de emerxencias critican o dispositivo de seguridade durante as peñas e propoñen reforzalo
Por Natalia Puga |