O Grove volve acoller a militares do Exército que se preparan para unha nova campaña na Antártida
Por Redacción
13 militares chegarán o 10 de setembro a San Vicente do Grove para levar a cabo as prácticas de navegación, utilizando embarcacións fora borda, no porto de Pedras Negras. É o cuarto ano consecutivo en que os efectivos do Exército de Terra se preparan na vila do Salnés para formar parte da dotación da Base Antártica Española do Exército de Terra (BAE) 'Gabriel de Castilla' na próxima Campaña Antártica.
Os militares recoñecen que a orografía das rías galegas permítelles preparar esta actividade nas mellores condicións para someterse na Antártida a sensacións térmicas de ata 25 graos baixo cero e ventos que se sitúan en 120 quilómetros por hora.
Permanecerán en San Vicente ata o 14 de setembro e realizarán prácticas de montaxe e desmonte de embarcacións a motor, emprego de GPS, saltos á auga, natación e emprego de traxes de supervivencia.
Este ano chégase xa á 32 edición da Campaña á Antártida que organiza o Ministerio de Defensa en colaboración co Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. No Grove prepararán a navegación con embarcacións pneumáticas similares ás que empregarán nas augas polares. Alí encargaranse de apoiar loxisticamente e garantir a seguridade dos científicos que estudan a flora e fauna do continente xeado.
A base na Antártida atoparase na Illa Decepción, xunto a un volcán emerxido activo no arquipélago das illas Shetland do Sur, a máis de mil quilómetros da costa suramericana.
Relacionadas:
-
O Grove volve ser sede para adestrar 13 militares que realizarán unha nova misión na Antártida
Por Redacción |
-
O Liceo Casino repasa 32 anos de presenza do Exército na Antártida
Por Redacción |
-
RADIO.- Comandante Valentín Benéitez desde a Antártida: "hai evidencias dun quecemento global"
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Como son cen días no cráter dun volcán na Antártida?
Por Marisa Ciordia |
-
13 militares van prepararse no Grove para a Campaña Antártica
Por Redacción |