Andrés Díaz pide a Núñez Feijóo un "Plan Concellos" para repartir o financiamento municipal
Por Redacción
Un novo xeito de distribuír fondos entre os concellos de menos de 20.000 habitantes, na liña do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. É a petición que, a través dunha carta, fai o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, ao titular do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.
Nela, Díaz subliña que é "necesario" un cambio de modelo que faculte a todos os alcaldes e alcaldesas de Galicia, con independencia da súa cor política, para determinar os usos finalistas dos cartos do financiamento autonómico no marco duns criterios básicos.
O alcalde asegura que no municipalismo galego hai un "sentir xenérico" ao respecto da "escasa transparencia e igualdade" no reparto dos fondos que a Xunta de Galicia destina aos concellos. É, denuncia, un reparto "minifundista e caótico" que se traduce nun gran número de subvencións sen concorrencia competitiva e moitos cartos repartidos en convenios "a dedo".
A carta, na que Andrés Díaz solicita unha entrevista ao presidenta da Xunta, céntrase tamén en temas locais de Ponte Caldelas e comeza por volver a reclamar o acondicionamento da PO-234 nos dous tramos que faltan por executar neste termo municipal.
Ademais, solicita a apertura inmediata da Casa da Quintán para dedicar o edificio a usos sociosanitarios ou que acabe o bloqueo urbanístico da Central de Transportes da Reigosa.
Por último, o alcalde tamén reclama que se corrixa o "abandono" do colexio da Reigosa por parte da Consellería de Educación, que se nega a construír un comedor escolar que amplíe o seu horario e un ximnasio que mellore as instalacións.
Relacionadas:
-
Andrés Díaz advirte á Xunta da "inutilidade" das rebaixas para as parcelas da Central de Transportes
Por Redacción |
-
O comedor escolar do colexio da Reigosa, asignatura pendente en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas, molesto coas axudas da Xunta polos danos dos incendios
Por Redacción | Creada e actualizada
-
As empresas interesadas en instalarse na Central de Transportes de Ponte Caldelas buscan alternativas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas entrega na Xunta de Galicia o novo PXOM
Por Redacción |