A situación do Umia é "un dos problemas medioambientais máis graves da comarca" segundo En Marea
Por Redacción
En Marea levará ao Parlamento a situación na que se atopa o encoro da Baxe, en Caldas de Reis.
A formación política, que visitou este sábado o lugar, esixe que a Xunta achegue canto antes solucións efectivas á contaminación por microcistina que afecta as augas do río Umia.
"É uns dos problemas medioambientais máis graves da comarca", sinalou o portavoz de Veciñanza de Cuntis, Santi Martínez acompañando o viceportavoz de En Marea no Parlamento, Antón Sanchéz, ou o deputado Marcos Cal.
"Estamos ante un problema que xa dura demasiados anos", criticou Sánchez lembrando que "a Xunta de Galicia prometera solucións xa en 2011".
Antón Sánchez lembrou ademais que "o Plan Umia destinaba 20 millóns de euros a actuacións para correxir este tema", actuacións das que aseguran non se facilitou máis información.
Pola súa banda o portavoz de Veciñanza reclamou ao Concello de Cuntis "maior intensidade" á hora de reclamar solucións para o problema de contaminación do Umia.
Relacionadas:
-
O BNG pide a dimisión da conselleira Ethel Vázquez "por mentir e insultar a intelixencia de todos os caldenses"
Por Oskar Viéitez |
-
A eurodeputada Ana Miranda leva ao Parlamento Europeo a contaminación do encoro do río Umia
Por Oskar Viéitez |
-
Mensaxe de tranquilidade da Xunta polo estado do río Umia e o seu encoro
Por Redacción |
-
Gonzalo Caballero reclama a Feijóo un proxecto "integral" para o canal e o encoro do Umia
Por Redacción |
-
Cuntis pide á Xunta que reúna aos municipios afectados pola situación do encoro do Umia
Por Redacción |
-
O BNG demanda garantías á Xunta sobre a auga de consumo das comarcas de Caldas e o Salnés
Por Redacción |