Propoñen unha "bicifestación" para reclamar o paseo entre Pontevedra e Marín
Por Oskar Viéitez
A Asociación Pedaladas convocou unha "bicifestación", isto é unha manifestación en bicicleta, para reclamar a execución do paseo peonil e ciclista entre Pontevedra e Marín. Consideran que o proxecto está a ter unha "demora inxustificable para unha obra menor".
Este proxecto ten dotación de fondos desde hai dous anos nos orzamentos do Estado, depende do Goberno de España a súa execución.
A "bicifestación" está pendente de permisos e non ten data concreta, aínda que esperan que sexa un domingo.
A idea é facer unha marcha entre a praza de España e a propia autovía de Marín. "Farase un peche de 10.00 a 14.00 horas da PO-12 desde a rotonda de Malvar ata a glorieta de Mollabao para que peóns, ciclistas, corredores e pescadores poidan acceder ao tramo sen uso da estrada paralela a PO-12 como reivindicación dun uso para público para ese espazo".
A "solución rápida, de baixo custo e nulo impacto ambiental" que propón Pedaladas para este paseo consiste en eliminar un carril destinado ao tráfico motorizado en todo o percorrido da autovía, en lugar de instalar unha pasarela de madeira en máis da metade do seu trazado.
Relacionadas:
-
Pedaladas trasladará as súas demandas á subdelegada do Goberno
Por Oskar Viéitez |
-
O paseo a Marín pola beira da ría, reiteran os socialistas, "non é boa idea"
Por Redacción |
-
O goberno local apoia a conversión en paseo ciclista dun carril da autovía de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Pedaladas e Masa Crítica elaboran a súa propia proposta para un paseo peonil e ciclista Pontevedra-Marín
Por Redacción |