O PSOE protesta polo "estado calamitoso" da Rúa Mollabao
Por Redacción
O portavoz local do Partido Socialista en Pontevedra, Agustín Fernández, solicitou ao Concello unha "actuación integral e non un lavado de cara" na Rúa Mollabao.
Fernández visitou este pequeno viario, situado entre a rúa Rosalía de Castro e a de Cobas, acompañado dun grupo de veciños, cualificando o seu estado de "calamitoso" nalgunhas zonas.
Alí o goberno local, asegura o socialista, pretende acometer un simple bacheado do firme, o que supón "pan para hoxe e fame para mañá", xa que "se non se asfalta en condicións e ábrense cunetas, o que se faga durará un inverno. Será diñeiro tirado", defendeu.
A rúa Mollabao é un viario estreito no que non pasan dous coches simultaneamente e que, denuncia o PSOE, conta con maleza desde a súa entrada e numerosas fochas.
Para esta zona Agustín Fernández reclamou ademais que se implante o sentido único de circulación e que se habiliten puntos de recollida de lixo selectivo, xa que "en materia de recollida de residuos a zona está como hai 20 anos", criticou.
Relacionadas:
-
Mollabao Sí iniciará unha campaña de protestas nos actos de Lores ante o abandono do barrio
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O PP levará ao vindeiro pleno as demandas da veciñanza de Mollabao
Por Redacción |
-
Mollabao expón as súas demandas aos candidatos á Alcaldía en 2019
Por Redacción |
-
O PSOE contrapón a mobilización de obras do centro de Pontevedra co "abandono" da periferia
Por Oskar Viéitez |