Un ano cos postes no medio da vía xa é dabondo
Por Oskar Viéitez
O grupo socialista de Cerdedo-Cotobade presentará no próximo pleno unha moción para que se leve a cabo a retirada inmediata de tres postes que están situados no medio da estrada recientemente asfaltada no lugar de Vila de Arriba, na parroquia de Santa María de Sacos.
Os socialistas sinalan que ditos postes de telefonía levan máis de un ano nesta situación e tanto os usuarios como os veciños xa reclamaron en varias ocasións ao Concello para que se leve a cabo a súa retirada.
Estes días apareceron unhas pintadas na estrada para reclamar a súa retirada.
Dende o grupo socialista xa foi levado a pleno fai varios meses "e a actuación por parte da Alcaldía é nula", e polo tanto solicitan que se axilice a retirada dos postes "canto antes".